22 dic 2010

Pintando árbores do Nadal

Unha tarde os nenos e nenas de 5 anos fixemos un Taller de pintura. Pintamos  unhas árbores de nadal con pincel e témpera de cor verde. Pasámolo xenial ademáis non so pintamos árbores como se pode ver neste vídeo. Espero que vos guste.  
Añadir leyenda

20 dic 2010

Campo a través CEE

Parece que tivemos problemas con este vídeo. Así que creo que agora xao podemos ver ben. Disfratade de ver como corren os campeóns de 2º.


16 dic 2010

Saída á piscina de CEE. Infantil

O martes pasado os nenos de infantil fixemos unha saída á piscina de Cee. Pasámolo xenial, e para mostra un botón.




15 dic 2010

O NADAL XA ESTÁ AQUÍ





   PORTAL DE BELÉN



E como non, o noso conserxe Xesús decorounos o cole como Deus manda.
Todos os días xogamos a atopar o "CAGANER".Pero non vaiades a pensar que somos só os nenos. Os profes e os pais tamén xogan a atopalo.
Non sei si se verá ben de todo, pero na árbore hai adornos feitos por nós, os nenos do Virxe da Barca.
Se queredes podedes vir a visitalo cando queirades.
BO NADAL!!!!

Adorno

9 dic 2010

SAÍDA CAMPO A TRAVÉS

O pasado martes día 30, os nenos de 2º de primaria realizamos unha saída ao Campo de fútbol de CEE. Alí competimos nunha carreira de Campo a Través con nenos de outros coles da zona. Encontrámonos con nenos de ecolas como Os Muiños, Coristanco, Vimianzo, Cee, Ponte do Porto etc. Todos competimos moi ben e o profe Romu felicitounos polo traballo feito. O día estivo moi desagradable, choveunos un montón, pero nin a meteoroloxía foi quen de quitarnos o sorriso da cara despois dunha mañá tan deporiva e proveitosa. Mirade este vídeo e veredes.

Por último 2º de Primaria

Aquí estamos os maiores do cole facendo os nosos debuxos. Esperamos que vos gusten.

Aquí están os alumnos de 1º

Como non, os nenos de primeiro tamén traballamos o noso. Aquí tedes o resultado.

2 dic 2010

Turno dos alumnos de 4 anos

Os nenos da profe María tamén sabemos facer debuxos bonitos. Se non o creedes mirade este vídeo.

1 dic 2010

Os arístas de 3 anos

Con este video comeza unha serie de videos nos que se demostra que os nenos do cole son uns verdadeiros artistas.
Aquí vai o primeiro que se corresponde cos nenos de 3 anos.
Agardamos que vos guste.


Turno dos nenos de infantil 5 anos

Os pais e nais dos nenos de 4 anos, tede paciencia. Estamos traballando no vídeo dos vosos nenos. En breve estará publicado no blog. Espero que disfrutedes do que fixeron os nenos da profe Cris.