22 nov 2010

O Magosto

Aquí tedes un pequeno resumo da festa que tivemos o venres pasado.
Esperamos que vos guste.

18 nov 2010

O Abecedario de Jesús

Para os que estamos empezando a coñecer as letras, o noso consexe Jesús fíxonos este abecedario tan chulo.
Con el aprendemos moito.
MOITAS GRAZAS JESÚS!!!

16 nov 2010

O MAGOSTO NO VIRXE DA BARCA

O pasado venres celebramos no cole o Día do Magosto.
Os nenos pasámolo xenial
Pola mañá os profes leváronnos a ver a exposición dos froitos típicos do Outono (secos e carnosos) que nos mesmos fomos levando ao cole. Algúns ata tivemos a posibilidade de experimentar con eles probándoos por primeira vez.
Despois participamos nun festival onde todos cantamos e recitamos poesías.
Pola tarde xogamos a xogos populares utilizando castañas, e como non comemos e bebemos.
Non podemos esquecer dar as grazas a Beti e Óscar que amenizaron a merenda coas súas gaitas e pandeiretas. Algúns nenos e mestras tamén se animaron.
Despois viñeros os nosos pais  e tamén degustaron este producto típico desta estación . Incluso algunha nai quixo participar activamente da festa acompañando aos músicos coas súas pandeiretas.
Ao final algún pai entretívonos facendo xirar unha peonza.
En definitiva: pasámolo xenial!!!

INFANTIL 3 ANOS
INFANTIL 4 ANOS

INFANTIL 5 ANOS
PRIMEIRO PRIMARIA
SEGUNO PRIMARIA
SEGUNGO PRIMARIA

11 nov 2010

O Mago Benxamín

Onte tivemos no cole unha visita inesperada.
Eran eso das 12:00h da mañá cando re repente apareceu no cole unha personaxe chea de maxia.
Era o "Mago Benxamín"
O mago subeu ao escenario e alí fixo das súas: trucos, bromas, risas...
Tamén subiron algúns profes, Jesús e como non nenos.
Todos pasámolo moi ben e rímonos un montón, incluindo aos profes, aínda que estes pasaron algún que outro mal trago.

O cole agradece á ANPA o seu interese por facer posible esta máxica actuación.



4 nov 2010

Benvida ao mundo dixital

Con esta primeira publicación ponse a primeira pedra do que esperamos sexa un longo percorrido.
Desde este blog pretendemos que toda a comunidae educativa do CEIP Virxe da Barca esté o mellor informado de todo o relativo ao noso centro.
Aquí publiaremos novas relativas ao funcionamento do centro, do desenvolvemento de actividades dentro e foa do centro, festivais, etc.
Con estas palabras invitámosvos a que participedes para facer que este blog teña vida.