Os nenos pasámolo xenial
Pola mañá os profes leváronnos a ver a exposición dos froitos típicos do Outono (secos e carnosos) que nos mesmos fomos levando ao cole. Algúns ata tivemos a posibilidade de experimentar con eles probándoos por primeira vez.
Despois participamos nun festival onde todos cantamos e recitamos poesías.
Pola tarde xogamos a xogos populares utilizando castañas, e como non comemos e bebemos.
Non podemos esquecer dar as grazas a Beti e Óscar que amenizaron a merenda coas súas gaitas e pandeiretas. Algúns nenos e mestras tamén se animaron.
Despois viñeros os nosos pais e tamén degustaron este producto típico desta estación . Incluso algunha nai quixo participar activamente da festa acompañando aos músicos coas súas pandeiretas.
Ao final algún pai entretívonos facendo xirar unha peonza.
En definitiva: pasámolo xenial!!!
INFANTIL 3 ANOS
INFANTIL 4 ANOS
INFANTIL 5 ANOS
PRIMEIRO PRIMARIA
SEGUNO PRIMARIA
SEGUNGO PRIMARIA
No hay comentarios:
Publicar un comentario