21 mar 2011

Piscina Inf. 2º trimentre

O venres pasado tivemos a segunda das saídas dos nenos de infantil á piscina de Cee.
Aquí tedes un vídeo con algunha das imaxes.



11 mar 2011

Desfile Entroido

Como é ben sabido, o venres pola tarde os nenos do cole,acompalados dos pais e profes, fixemos un desfile polas rúas de Muxía. Xunto con nós viñan os nenos da guardería. Si vos fixades na última diapositiva van os agradecementos a todos os que participaron (pais/nais, nenos, Jesús, Protección Civil, mestres). Por problemas no vídeo apenas se poden ler, por iso queríamos facelo desde estas liñas novamente Esperamos que vos guste. A nós gustounos un montón.

10 mar 2011

Obradoiro no Entroido

O venres pola mañá os nenos do cole tivemos unha sorpresa. A ANPA organizou un Obradoiro para nós. Nel puidemos facer caretas e tamén maquillarnos a cara. Si a esto engadímoslle que tivemos unha degustación de productos típicos do entroido, (montóns de filloas, orellas, rosquillas...) o resultado final foi que pasamos unha mañá xenial.