26 ene 2011

19 ene 2011

Charlas de natureza

O pasado martes 18 de xaneiro veu ao cole Sonia a darnos unha charla sobre a Natureza coa que aprendemos moito e o pasamos moi ben.

10 ene 2011

Exposición do conto da Xoaniña

 O día 21 de decembro, os nenos de 5 anos, ensinamoslles o conto aos nenos de 3 e 4 anos, viñeron a nosa aula e cada un lles explicou unha cousa do conto, gustoulles moito e estiveron moi atentos.

Proxecto "XOANIÑA"

Durante o primeiro trimestre,  os nenos de 5 anos estivemos xogando a pensar coa axuda da nosa amiga a xoaniña "Xoana", investigamos sobre éstes insectos e fixemos un conto coa axuda dos profes e familias. No mes de Xaneiro os nenos levarano a casa, para que as súas familias escriban no apartado de opinións e asi saber se lles gustou ou non e porqué. Esperamos que vos guste.


8 ene 2011

Piscina CEE Ed. Primaria

Cun pouco de retraso, por culpa das festas do Nadal e por problems de loxística, aquí tedes o vídeo da saída dos nenos de Primaria á piscina de CEE.
Esperamos que vos guste.


22 dic 2010

Pintando árbores do Nadal

Unha tarde os nenos e nenas de 5 anos fixemos un Taller de pintura. Pintamos  unhas árbores de nadal con pincel e témpera de cor verde. Pasámolo xenial ademáis non so pintamos árbores como se pode ver neste vídeo. Espero que vos guste.  
Añadir leyenda

20 dic 2010

Campo a través CEE

Parece que tivemos problemas con este vídeo. Así que creo que agora xao podemos ver ben. Disfratade de ver como corren os campeóns de 2º.


16 dic 2010

Saída á piscina de CEE. Infantil

O martes pasado os nenos de infantil fixemos unha saída á piscina de Cee. Pasámolo xenial, e para mostra un botón.




15 dic 2010

O NADAL XA ESTÁ AQUÍ





   PORTAL DE BELÉN



E como non, o noso conserxe Xesús decorounos o cole como Deus manda.
Todos os días xogamos a atopar o "CAGANER".Pero non vaiades a pensar que somos só os nenos. Os profes e os pais tamén xogan a atopalo.
Non sei si se verá ben de todo, pero na árbore hai adornos feitos por nós, os nenos do Virxe da Barca.
Se queredes podedes vir a visitalo cando queirades.
BO NADAL!!!!

Adorno

9 dic 2010

SAÍDA CAMPO A TRAVÉS

O pasado martes día 30, os nenos de 2º de primaria realizamos unha saída ao Campo de fútbol de CEE. Alí competimos nunha carreira de Campo a Través con nenos de outros coles da zona. Encontrámonos con nenos de ecolas como Os Muiños, Coristanco, Vimianzo, Cee, Ponte do Porto etc. Todos competimos moi ben e o profe Romu felicitounos polo traballo feito. O día estivo moi desagradable, choveunos un montón, pero nin a meteoroloxía foi quen de quitarnos o sorriso da cara despois dunha mañá tan deporiva e proveitosa. Mirade este vídeo e veredes.

Por último 2º de Primaria

Aquí estamos os maiores do cole facendo os nosos debuxos. Esperamos que vos gusten.

Aquí están os alumnos de 1º

Como non, os nenos de primeiro tamén traballamos o noso. Aquí tedes o resultado.