O pasado día 30 celebrouse o Día da Paz. Nós no cole, como coincidiu en domingo, ,celebrámolo o luns 31.
Ainda que a Paz debe de estar presente TODOS os días do ano, non está de máis que a lembremos nun día en concreto.
Si mirades o vídeo veredes o que fixemos no cole.
Esperamos que vos guste.
O día 21 de decembro, os nenos de 5 anos, ensinamoslles o conto aos nenos de 3 e 4 anos, viñeron a nosa aula e cada un lles explicou unha cousa do conto, gustoulles moito e estiveron moi atentos.
Durante o primeiro trimestre, os nenos de 5 anos estivemos xogando a pensar coa axuda da nosa amiga a xoaniña "Xoana", investigamos sobre éstes insectos e fixemos un conto coa axuda dos profes e familias. No mes de Xaneiro os nenos levarano a casa, para que as súas familias escriban no apartado de opinións e asi saber se lles gustou ou non e porqué. Esperamos que vos guste.
Cun pouco de retraso, por culpa das festas do Nadal e por problems de loxística, aquí tedes o vídeo da saída dos nenos de Primaria á piscina de CEE.
Esperamos que vos guste.
Unha tarde os nenos e nenas de 5 anos fixemos un Taller de pintura. Pintamos unhas árbores de nadal con pincel e témpera de cor verde. Pasámolo xenial ademáis non so pintamos árbores como se pode ver neste vídeo. Espero que vos guste.
O pasado martes día 30, os nenos de 2º de primaria realizamos unha saída ao Campo de fútbol de CEE. Alí competimos nunha carreira de Campo a Través con nenos de outros coles da zona. Encontrámonos con nenos de ecolas como Os Muiños, Coristanco, Vimianzo, Cee, Ponte do Porto etc. Todos competimos moi ben e o profe Romu felicitounos polo traballo feito. O día estivo moi desagradable, choveunos un montón, pero nin a meteoroloxía foi quen de quitarnos o sorriso da cara despois dunha mañá tan deporiva e proveitosa. Mirade este vídeo e veredes.