20 may 2011

Obradoiro Estampado camisetas.Infantil

Presentámosvos as nosas camisetas. Foi unha experiencia divertidísima. Encantounos facelas nos mensmos. E agora imos moi orguiosos do noso traballo. Esperamos que vos gusten.


 

18 may 2011

Conto Viaxeiro

Este conto tan fermoso está feito polos nenos do cole. Participamos todos, desde os nenos de tres anos ata os de segundo. Cada un de nós puxo o seu graniño de area. Uns recortamos, outros pintamos, outros escribimos; pero todos formamos parte deste precioso proxecto. Agardamos que vos guste.

7 abr 2011

Operación "Robots Primaria"

Este trimestre estivemos de viaxe por outras galaxias. On nenos, nunha desas viaxes, decidimos construir os nosos robots con material de refugallo. Aquí tedes o resultado. Que a forza nos acompañe!!!


6 abr 2011

Piscina primaria-2º Trimestre

Parece que tivemos uns "problemiñas" para poder este vídeo.
Espero que o problema esté arranxado e que podades disfrutar del.
É a segunda visita dos nenos de primaria á piscina.
Aquí está

21 mar 2011

Piscina Inf. 2º trimentre

O venres pasado tivemos a segunda das saídas dos nenos de infantil á piscina de Cee.
Aquí tedes un vídeo con algunha das imaxes.



11 mar 2011

Desfile Entroido

Como é ben sabido, o venres pola tarde os nenos do cole,acompalados dos pais e profes, fixemos un desfile polas rúas de Muxía. Xunto con nós viñan os nenos da guardería. Si vos fixades na última diapositiva van os agradecementos a todos os que participaron (pais/nais, nenos, Jesús, Protección Civil, mestres). Por problemas no vídeo apenas se poden ler, por iso queríamos facelo desde estas liñas novamente Esperamos que vos guste. A nós gustounos un montón.

10 mar 2011

Obradoiro no Entroido

O venres pola mañá os nenos do cole tivemos unha sorpresa. A ANPA organizou un Obradoiro para nós. Nel puidemos facer caretas e tamén maquillarnos a cara. Si a esto engadímoslle que tivemos unha degustación de productos típicos do entroido, (montóns de filloas, orellas, rosquillas...) o resultado final foi que pasamos unha mañá xenial.

3 feb 2011

Día da Paz

O pasado día 30 celebrouse o Día da Paz. Nós no cole, como coincidiu  en domingo, ,celebrámolo o luns 31.
Ainda que a Paz debe de estar presente TODOS  os días do ano, non está de máis que a lembremos nun día en  concreto.
Si mirades o vídeo veredes o que fixemos no cole.
Esperamos que vos guste.


26 ene 2011

19 ene 2011

Charlas de natureza

O pasado martes 18 de xaneiro veu ao cole Sonia a darnos unha charla sobre a Natureza coa que aprendemos moito e o pasamos moi ben.